“Unha vez máis no Couto Mixto”. Xosé González Martínez

28 Xuño 2026

Durante os séculos de existencia o Couto Mixto rexíuse por un ordenamento xurídico-
constitucional propio dun Estado indepenente nun territorio de 26,9 km². Coexistíu no
tempo con outros en Europa con menos extensións. Reparemos nos 0,44 km² do Estado
do Vaticano ou nos 2,08 km² do Principado de San Marino. Pouco máis grande en
extensión era, e segue a ser, a República de San Marino con 61 km². En todos eles os
seus habitantes gozan dunha estimable “renda per capita”. Non é difícil imaxinar o que
sería actualmente o Couto Mixto de non ser disolto pola Lei de Lindes aprobada polos
reinos de España e Portugal en 1863. Sería un Estado territorialmente pequeno, pero
posiblemente con moitos recursos económicos, tantos coma os que ten o Estado Andorrá
con representación diplomática na ONU.
Como queda dito, os veciños do Couto Mixto vivían con liberdades das que estaban
privados os veciños cidadáns de España e Portugal. Mentres nestes territorios imperaban
os absolutismos feudais e monárquicos, no Couto Mixto tiñan como forma de goberno a
república. Os seus cargos elixíanse por sufraxio electoral para un período de varios anos.
Esta característica tan peculiar foi unha excepción nun contexto histórico de acusada
inestabilidade política.
Luís M. García Mañá rescatou das tebras da historia os nídios perfís daquela república na
súa obra “Couto Mixto,m unha república esquecida”, editada no ano 2000 polo Servizo de
Publicacións da Universidade de Vigo. Servidor recibíu do seu autor a honra de escribir o
prólogo a tan trascedental relato histórico. Poucos anos antes da publicación da
monografía constituírase a Asociación de Amigos do Couto Mixto.
Para coñecer as relacións de boa veciñanza dos pobos arraianos vou facer mención a un
relato do prestixioso xornalista Alfonso Sobrado Palomares, nado no lugar próximo da
Portela, que hai uns anos foi nomeado Xuíz Honorario do Couto Mixto; un relato moi
ilustrativo da ósmose existente entre os pobos transfronteirizos.
“Cando o meu pai araba na leira, as vacas daban a volta en Portugal, porque encontraba
pegada á raia. E hai alí a capela dos Santos, que é portuguesa. Está pegada á finca. A
proximidade é tan grande que nalgunha ocasión que fomos o día da festa, sentando a
xantar na cabeceira da nosa parcela, ao carón da capela. A botella de viño estaba en
terra portuguesa e a empanada e os chourizos en España, ou ao revés”. O convivío non o
impedía unha fronteira que só existía nos mapas topográficos. Eu escoiteille outro relato
que me marabillou. Resulta que cando levaba as vacas a pacer estas, por veces
“pasábanse da raia”, adentrándose en territorio estranxeiro. Un guardiña portugués,
celoso da súa función, berrándolle, insistíulle máis dunha vez ao neno pastor que
chamase por elas porque estaban en territorio de soberanía portuguesa. Mandado que
cumpría aquel neno sen ter que amosar pasaporte na alfándega.
O próximo sábado día 4 celebrarase o tradicional acto de nomeamento dos novos Xuíces
Honorarios, sendo elixidos para tal dignidade a Asociación de Mulleres Rurais A Raia de
Baltar, o fotógrafo don Xurxo Lobato e o filólogo portugués don Marcos Neves. Elas e eles
son os grandes valedores da pervivencia da memoria histórica daquela gran república dos

soños que aínda aniña nas lembranzas das xentes que moran, traballan e transitan polos
seus vieiros. Moitos aínda dan conta dela polo que lles escoitaron aos seus devanceiros.
Este ano a Asociación de Amigos do Couto Mixto solicitará do Pleno da Deputación
Provincial que aprobe solicitar da Xunta de Galicia o nomeamento de “lugar histórico” que
a Lei do Patrimonio Cultural de Galicia preceptúa “para a conservación, acrecentamento,
difusión e fomento da dignidade colectiva” nos espazos que teñan características de
singular natureza. Con esta proposta queremos seguir afortalando o espírito memorial dun
territorio que tiña como eixo vertebrador o Camiño Privilexiado e unha lingua común,
expresión dunha converxencia lingüística.
Ao acto acudirán o Presidente do Parlamento de Galicia, o titular da presidencia da
Deputación Provincial, Delegado do Goberno, Secretario Xeral da Lingua, e a Fiscala
Superior de Galicia, que ten o orgullo patrio de ser da parroquia próxima de Golpellás;
amais dos alcaldes de Calvos de Randín e Baltar. A fermosa voz de María do Ceo daralle
calidez a un acto que de seu xa está cargado de emocións.

  • Presidente da Asociación de Amigos do Couto Mixto.

Outros artigos

“Alugueres sociais” – José Manuel Pena

España conta cunhas 40.000 persoas sen fogar. Un millón e medio familias viven en infravivendas. Dentro da Unión Europea, só Bulgaria e Letonia presentan indicadores de desigualdade máis altos que España. Segundo datos estatísticos da AEAT e do INE, a metade da...

+

“Matemáticas y Filosofía” – José Castro López

Las universidades gallegas presentaron las ofertas docentes intentando responder a las demandas de los estudiantes y del mercado laboral en este tiempo en el que los perfiles profesionales son cada vez más transversales. En ese contexto llama especialmente la atención...

+

“Ídolos de barro”. Manuel Dominguez III

Simona de Beauvoir este abril 40 años de su muerte. La Beauvoir, símbolo de las feministas ortodoxas, de estas liberales de moqueta y salón, y su compañerío de vida, Jean Paul Sartre nunca estuvieron casados. Rechazaron activamente el matrimonio y la idea de formar...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A porta que dá ao tempo”. Xosé A. López Silva

“A porta que dá ao tempo”. Xosé A. López Silva

O 31 de decembro deste ano, un martelo de prata ha petar tres veces contra un muro. O tabique caerá, varrerase o cascallo cun ramo de oliveira, e o que onte era parede volverá ser lugar de paso bendecido polo Arcebispo de Santiago. A Porta Santa da catedral de...