“Un autobús para a praia do Vilar”. Antón Luaces

13 Xuño 2026

Foi necesario o paso de 60 anos para acadar que os habitantes da capital de Ribeira carentes de medios de transporte propios poideran desprazarse ata a praia do Vilar na tempada de verán. Esta praia é un dos máis prezados tesouros da contorna ribeirense e tardaron ben de anos en descubrilo. Non foi sen tempo!.

Sesenta anos atrás, os que queriamos achegarnos ao Vilar, Corrubedo, Artes, Olveira, Castiñeiras, xa sabiamos o que nos quedaba se carecías de bicicleta: camiñar quilómetros de ida e volta e soportar temperaturas que, sen chegar a ser tan altas coma as que soportamos estes días en Galicia, chegábanlle ben.

Daquela só había autobuses da Empresa Celta a Santiago e Noia con distintas paradas intermedias, e “o vapor” á illa de Arousa e Vilagarcía. Quedaba, obviamente, o recurso do taxi -moi socorrido para o desprazamento médico a Santiago de Compostela- pero con prezos non sempre asumibles para os usuarios. E estaba tamén o autobús de Sarasquete cos distintos desprazamentos ata A Pobra do Caramiñal e, posteriormente, a Corrubedo. Pero quedaba unha moi ampla zona absolutamente desatendida e que agora, co paso de moitos anos e maior capacidade adquisitiva para dispoñer de vehículo propio, dispón de autobuses con servizos conveniados entre a Xunta e o concello de Ribeira, que ía sendo hora chegaran a se facer realidade.

A propia alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, recoñecía expresamente que o acordo eliminaba a utilización do vehículo propio para o desprazamento ás praias da contorna á vez que aquelas persoas que non dispoñan de tal vehículo poidan utilizar o mencionado transporte público. 

Unha medida de xustiza para equiparar a uns e outros no uso e desfrute dun servizo ao que todos teemos dereito e cuxa prestación tampouco resultas moi oneroso.

Outros artigos

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.