UCIN Galicia di que o corredor Santiago-Noia ten falta de mantemento e de medidas de prevención ante os incendios

30 Xuño 2026

UCIN Galicia achegou un comunicado no que critica “a falta de mantemento e prevención de incendios en infraestruturas viarias da Xunta” como o corredor Santiago-Noia.

“Desde UCIN Galicia”, sinalan, “queremos manifestar a nosa profunda preocupación polo estado de abandono en materia de mantemento e prevención de incendios en determinadas infraestruturas viarias dependentes da Xunta de Galicia, como a corredor AG/AG-56 (Autovía Santiago–Noia), actualmente en obras”.

O coordinador de UCIN Galicia, José Luis Calo, advirte de que “a falta de actuacións preventivas, limpeza de marxes e mantemento adecuado en zonas sensíbeis supón un risco innecesario en plena época de altas temperaturas e reiterados episodios de incendios na nosa comunidade”. E apunta: “Non hai escusas. Nin as obras nin os prazos poden ser unha coartada para descoidar a seguridade. A prevención de incendios e a protección da contorna deben ser unha prioridade absoluta en calquera actuación pública”,

Por todo iso, UCIN Galicia esixe ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que “ordene de inmediato unha revisión integral dos protocolos de mantemento e prevención en todas as infraestruturas viarias en execución ou explotación”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.