A Asociación da Festa Hortera de Porto do Son, coa colaboración do Concello de Porto do Son convídanos este 23 de xuño a celebrar a noite máis máxica do ano na zona do Tendedeiro. Será, nas súas palabras, unha tarde-noite para compartir con amigos e familia, gozando da mellor música, boa comida e do ambiente único do noso San Xoán. O programa vén con seguintes actividades: Paco de Leña dende as 20h, Chiña a partir das 23h e prendido da cacharela ás 0.00h. Haberá queimada popular logo do prendido. Haberá sardiñas e churrasco a prezos populares. Será de entrada libre.




