O Son reúne esta fin de semana aos referentes do taekwondo no Kinder Games Internacional 2026

27 Xuño 2026

Porto do Son funcionará, ao longo da fin de semana, como o epicentro do taekwondo profesional. Todo grazas aos Kinder Games Internacional 2026, unha cita deportiva que reunirá a centos de adestradores e especialistas de relevancia internacional ata mañá, domingo 28 de xuño, no polideportivo de Santa Irene.

O alcalde, Luis Oujo, e o concelleiro de Deportes, Carlos Lorenzo, recibiron na Casa do Concello a unha representación dos deportistas participantes.

Á recepción institucional asistiron o adestrador olímpico e delegado europeo da Federación Mundial de Taekwondo, Moustapha Akkouh; o medallista de prata olímpico pola República Dominicana, Gabriel Mercedes; Salvador Allende e Inelba Allende, especialistas mexicanos en taekwondo en idades temperás e creadores do sistema educativo 101 Xogos Aplicados ao Taekwondo; Alma Sandoval e Armando Lara, expertos en formación de base e fundadores das Academias Lara, unha das escolas de taekwondo máis importantes de México; e o coordinador para Europa do programa 101 Xogos Aplicados ao Taekwondo, Raúl Passos.

Durante o encontro, o alcalde e o concelleiro deron a benvida aos invitados e destacaron o orgullo que supón para Porto do Son “ser sede dun evento que reúne a referentes mundiais do taekwondo nunha cita que promove o deporte, a formación e o intercambio de experiencias entre representantes de distintos países”.

O programa do Kinder Games Internacional, que inclúe conferencias, actividades de acción motriz e un campionato formativo, celebrarase ata mañá, domingo 28 de xuño.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.