O hidromel caseiro elaborado na Pobra por Fernando Cores gaña catas de ouro e bronce (final) no prestixioso certame CHIP

16 Xuño 2026

O hidromel caseiro feito polo apicultor Fernando Cores Iglesias, da Pobra do Caramiñal, gañou as catas de outro de bronce no Concurso Internacional Portugués de Hidromel, o CHIP.

Trátase dun evento transfronteirizo adicado exclusivamente ao dito produto, sendo hoxe en día un referente no sector peninsular e europeo que xunta cada ano a produtores, xuíces, marcas e expertos nun entorno deseñado para “celebrar a excelencia, a innovación e a tradición desta bebida ancestral”.

O programa inclúe catas profesionais, a creación de alianzas estratéxicas, obradoiros especializados, exposicións e un amplo programa de actividades culturais, fomentando o coñecemento, o intercambio e o crecemento do hidromel a nivel mundial.

Participaron na última edición produtores e expertos de 3 continentes e 14 países. Incluíu ademais a celebración de 500 catas.

Neste contexto, o produtor Fernando Cores Iglesias, actual delegado do Barbanza e Salnés da Asociación Galega de Apicultura, acudiu á cita portuguesa con dúas mostras de hidromel artesanal, na categoría (precisamente) de hidromel caseiro, modalidade na que o produto de Fernando elaborado con mel e esencia de especies acadou o ouro. Tamén logrou o bronce na final de Best of Show (finalmente disputada unicamente entre as e os participantes que conseguiron previamente o ouro).

O seu hidromel Esencia de especies é un produto feito con auga, lévedo, mel de castiñeiro da comarca do Barbanza e unha mestura de 8 especies diferentes. “Trala sua fermentación e pasados 5 meses de varios procesos de clarificación, manual e artesá 100%, conséguese un hidromel de 14 graos de alcohol cun sabor a especies único”, explicou o propio produtor, quen salientou que “neste evento portugués os hidromeles enviados desde Polonia e Mexico conseguiron moitas medallas de ouro, e Galicia e o Barbanza situáronse no máis destacado con este ouro, coa seu mel de castiñeiro, nunhas finais contra países que teñan moita tradición, historia e fabricación e bo facer en hidromel”.

Ademais, Fernando Cores presentou un hidromel feito con cogomelos e fungos (Bosque de outono), que non acadou ningún título nesta categoría pero “obtivo unha moi boa nota” na clasificación, destacou Fernando, engadindo que entre 2000 catas acadou 74 puntos finais de 100, estando a piques de “entrar a medallas”.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.