O Festival Abanea celebra a súa quinta edición en Outes e noutros catro concellos galegos

29 Xuño 2026

A Cidade da Cultura acolleu este luns 29 de xuño a presentación da nova entrega (a quinta) de Abanea, Festival de Danza e de Movemento que se celebrará de xeito itinerante do 8 ao 12 de xullo en distintos espazos dos concellos de Ames, Outes, A Guarda, Foz e Celanova, cun programa de 15 espectáculos de creación contemporánea.

Presentación do Festival AbaneaAGADICRocío Cibes29/06/26

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, en representación da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, participou na presentación do evento, que tivo lugar no Gaiás e que contou coas intervencións das directoras do festival, Marta Alonso Tejada e Paula Quintas, así como de representantes dos municipios implicados, colaboradores tamén na iniciativa. O acto incluíu unha breve actuación en directo a cargo do bailarín Martín Blanco coa peza Máis.

A través do apoio da Xunta, Abanea consolida este ano un modelo de festival que leva a danza contemporánea a espazos públicos e non convencionais, transformando prazas, praias, parques e espazos patrimoniais en escenarios para a creación escénica. Nesta edición, o encontro reunirá 11 compañías e artistas procedentes de Galicia, Madrid, Cataluña, Francia, Eslovenia e Chile, nunha programación que combina exhibición, mediación, acompañamento á creación e encontro profesional.

O festival desenvolverase ao longo de cinco xornadas en Bertamiráns, en Ames (A Coruña), o 8 de xullo; Broña, en Outes (A Coruña), o día 9; A Guarda (Pontevedra), o 10; Foz (Lugo), o 11; e Celanova (Ourense), o 12. A programación inclúe propostas de OUPS Dance Company, Tjaša Bucik & Patricija Crnkovič, Rolando Salamé, Ángel Durán, Alejandro Moya, Elvi Balboa, Colectivo Glovo, Andrea Castro, Martín Blanco, Artístistika Movemento, Ay, Cariño! e Raquel Ferradás & María de Vicente.

As diferentes sedes acollerán espectáculos de danza contemporánea, creación en espazo público e linguaxes híbridas. Ademais, todas as xornadas incorporarán accións de mediación, coa activación itinerante de Abaena Canle, e rematarán coa Pista de Baile, un espazo aberto de danza comunitaria pensado para favorecer a participación da cidadanía.

II Foro de Internacionalización da Danza

En paralelo á programación do festival, a Axencia Galega das Industrias Culturais organiza, a través do Centro Coreográfico Galego, o II Foro sobre Distribución Nacional e Internacional da Danza de Galicia. A actividade terá lugar os días 8 e 9 de xullo en Ames e Outes, coordinada por ISMO Cultura co apoio da asociación profesional Escena Galega.

O foro busca fortalecer a proxección exterior da danza galega mediante o encontro con programadores, responsables de festivais, redes de distribución e medios especializados. A proposta incluirá mesas de traballo, presentacións de compañías e espazos de networking arredor da circulación nacional e internacional da danza contemporánea. A inscrición para participar permanece actualmente aberta a través do correo formacion.ccg@xunta.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.