O Concello de Ribeira convoca unha bicicletada o 21 de xuño para festexar o Día da Bici

04 Xuño 2026

Para festexar o Día da Bici, que se celebrará o domingo 21 de xuño, o Concello de Ribeira convida á súa veciñanza a montarse nunha bici e pedalear en comunidade. Este encontro xorde co apoio do Club Os Saltamontes, a Asociación de Veciños de Carreira, o Club de Natación Ribeira, o GAEM, a Policía local e as tendas Sportbike e Dalle Pedal.

Informar que o circuíto dará comezo ás 11 horas dende a praza de España, que será tamén a meta, para percorrer distintas rúas da cidade nun itinerario de dificultade física e técnica baixa de arredor de 5 quilómetros. O concelleiro de Deportes, Álex Vidal, explica que se trata “dunha actividade lúdico-recreativa, aberta á cidadanía de tódalas idades, que pretende fomentar e reivindicar o uso da bicicleta, tanto dende o punto de vista medioambiental ao promover unha mobilidade sostíbel, como dende a saúde, pois co uso da bici tamén exercitamos. Asemade, é un evento moi interesante ao permitirnos pasear pola nosa cidade sobre dúas rodas e converterse nun punto de encontro interxeracional. Será imprescindíbel seguir en todo momento as recomendacións da organización e cómpre lembrar o uso obrigatorio do casco.”

Engadir que haberá tamén inchábeis para o desfrute das e dos máis pequenos da casa a partir das 11.05 horas. A retirada dos dorsais poderá efectuarse a partir das 10 horas e, ao final do evento, arredor das 12.30 horas, terá lugar o avituallamento e o sorteo de agasallos entre os participantes. As persoas interesadas en participar deberán anotarse previamente a través do formulario en liña habilitado antes das 12 horas do 18 de xuño.

Outros artigos

En Rianxo abren as inscricións do Campamento de Teatro Verán 2026

O Concello de Rianxo informou de que están abertas as inscricións para o Campamento de Teatro Verán 2026, que inclúe unha manchea de actividades formativas e de lecer para permitir ás mozas e mozos "desfrutar dun verán diferente" ao tempo que desenvolven e sacan á luz...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ofrenda” – Xulio Xiz

“Ofrenda” – Xulio Xiz

Celebrouse unha nova Ofrenda solemne do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado na Catedral de Lugo. Cumpríronse 357 anos da súa institución, e cada ano as sete cidades do antigo Reino, seguen a xuntarse en Lugo – corazón do país – para honrar ao Santísimo e...