O Concello de Noia executa a mellora da pavimentación de Eiroa cun investimento do POS+ Adicional da Deputación da Coruña

18 Xuño 2026

O Concello de Noia está a executar as obras de mellora da pavimentación no lugar de Eiroa ao abeiro do POS+ Adicional da Deputación da Coruña, unha actuación que permitirá renovar o firme nun dos viarios que presentaba un avanzado estado de deterioro debido ao paso do tempo e ao uso continuado. A intervención conta cun investimento de 37.450,25 euros e consiste no fresado do firme existente, a reposición dunha nova capa de rodaxe e a adaptación dos elementos da rede de saneamento existentes para mellorar a seguridade e a comodidade da circulación.

O tenente de alcalde e concelleiro de Obras, Manuel Seijas, destacou que “é fundamental seguir investindo nos núcleos rurais do noso concello para mellorar a calidade de vida da veciñanza. Temos moitos viarios que precisan actuacións e tamén instalacións de abastecemento e saneamento que presentan importantes deficiencias acumuladas durante anos. Sabemos que queda moito por facer, pero temos que ir actuando pouco a pouco, planificando investimentos e dando resposta ás necesidades máis urxentes”.

Seijas incidiu en que “o rural non pode quedar atrás. A mellora dos servizos básicos é unha prioridade para este goberno e por iso estamos aproveitando todas as liñas de financiamento posíbeis para acometer actuacións que melloren as infraestruturas municipais e garantan uns servizos públicos de calidade”.

Pola súa banda, o alcalde de Noia, Francisco Pérez Caamaño, sinalou que “o apoio da Deputación da Coruña resulta fundamental para que concellos como Noia poidan executar investimentos necesarios para seguir mellorando as infraestruturas municipais. Esta obra en Eiroa é unha mostra do compromiso do Goberno municipal coa conservación dos viarios e coa atención ás necesidades das parroquias e dos núcleos rurais”.

O rexedor engadiu que “estamos a traballar para que os investimentos cheguen a todo o municipio, avanzando de forma progresiva na mellora dos servizos básicos e das infraestruturas que utiliza a veciñanza no seu día a día”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.