O comercio tradicional de Boiro, protagonista da revista Folía das Festas do Verán 2026

26 Xuño 2026

O comercio tradicional de Boiro será o gran homenaxeado na edición 2026 da revista Folía, a publicación que o Concello edita cada ano con motivo das Festas do Verán e que combina o programa festivo con contidos que poñen en valor a historia e a identidade do municipio.

A presentación da revista tivo lugar este venres no Centro Social de Boiro coa participación do alcalde, José Ramón Romero; da concelleira de Cultura, María Outeiral; e do técnico municipal de Cultura, Alberto García.

Durante o acto, o alcalde destacou o valor documental da publicación. “Esta revista recolle moito máis que o programa das festas, pois tamén garda parte da nosa historia”, sinalou.

Ademais do calendario completo de actividades das Festas do Verán, Folía inclúe artigos de opinión, información comercial e un espazo dedicado ao colectivo homenaxeado. Nesta edición, a revista recoñece o labor dos establecementos históricos de Boiro, negocios familiares que levan xeracións formando parte do tecido económico e social da vila e que, co paso do tempo, se converteron en referentes para varias xeracións de veciños e veciñas.

As Festas do Verán 2026, que se celebrarán do 3 ao 8 de xullo, contarán cun amplo programa de actividades pensado para todos os públicos e idades, consolidándose un ano máis como unha das citas festivas máis importantes do calendario boirense.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.