“Mondariz e Enrique Peinador Porrúa”. Xosé González Martínez

14 Xuño 2026

Un xornalista do Díario de Pontevedra (7 de xullo de 1885) que acompañaba aos liberais
en viaxe de propaganda política, comentou que pasaran por Ponteareas, “porque el
Sr.Bugallal nos permitío el paso, pues pudo levantar el rastrillo,colocar sus fuerzas en las
almenas de su torreón y tratarnos como habitantes del llano”, e engadía mais adiante
referíndose ao momento de entrar en Mondariz: “Ya hemos pasado el dominio del Sr.
Bugallal y hemos entrado en el del Sr. Peinador. Podemos,pues,respirar”.
De cada un dos Peinador escribíronse senllas biografías que reafirman as rexas
personalidades das tres xeracións. O profesor Xosé Barreiro Fernández publicou unha
densa biografía de Peinador Vela, (“Murguía y Mondariz”), fundador da saga familiar,
desde o seu nacemento ata o falecemento en 1917. Ricardo Gurriarán publicou “Enrique
Peinador Lines e Mondariz.Empresa, Turismo e País, editada polo Foro E. Peinador.
Recentemente Edicións Laiovento publicou a terceira, “Un demócrata fronte á barbarie
fascista. Vida e martirio de Enrique Peinador Porrúa, republicano galeguista (1902-1940)”,
de Francisco Xavier Redondo Abal, que non puido ver lamentablemente editada a obra
por falacer meses antes.
Con estas tres achegas bibliográficas queda historiada unha ideoloxía desta familia con
perfís ben definidos. Se Peinador Vela foi un entusiasta rexionalista, o seu fillo foi un
nacionalista activo, militante cualificado do Partido Galeguista a quen financiou e servíu
sen desmaio. Filántropo e mecenas entusiasta de cantas iniciativas galeguistas se
produciron antes e durante a II República. O seu éxito empresarial ao fronte da dirección
da embotelladora das augas mineromedicinais e o complexo hoteleiro de Mondariz, foi tan
exitosa que acadou proxección alén das nosas fronteiras. As rendas da súa solvencia
economica púxoas ao servizo da cultura galega.
Financiou institucións que na altura eran o Serminario de Estudos Galegos, Real
Academia Galega e a revista “Nós”, publicación esta interrompida durante ano e medio
por falta de recursos económicos que sufragou ata a edición do derradeiro número. Os
cadros sobre os cegos pintados por Castelao foi un encargo que lle fixo Peinador Lines
nun momento de agobios económicos do rianxeiro. O Partido Galeguista encomendoulle
tarefas de difícil e delicada execución, por esta razón era coñecido como o “cónsul do
galeguismo”. En xullo de 1936 viaxou a Madrid para entregar en sede parlamentaria o
proxecto de Estatuto de Autonomía de Galicia. A el débeselle a mediación cos
gobernantes republicanos que puxeron fin aos castigos con desterros de Castelao e
Alexandre Bóveda. A súa participación foi constante en todos os cónclaves galeguistas
que celebraron naqueles anos.

O día 20 do mes de xuño de 1940 morría en Vigo, nun modesto piso da rúa Cuba,despois
de sérenlles expropiadas polo réxime franquista todas as súas propiedades como tamén
fixeran coas de Portela Valladares e Casares Quiroga. Coñecín e falei co señor que sendo
neno vivíu con el; cando lle preguntei sobre as causas do seu falecemento díxome: “o
fusilamento do seu fillo en Madrid en abril de 1940 provocoulle un desgusto mortal, e
apareceu moto na súa cama unha mañá”. Enrique Peinador Porrúa, exercera a profesión
de avogado-fiscal en Madrid. Foi militante de Izquierda Republicana e das Milicias
Galegas, organzación que non foi capaz de facerlle fronte ás forzas sublevadas na
ofensiva desatada para conquistar Madrid. Foi detido, procesado e fusilado poucos días
despois. En Galicia participara nos mítines pro-Estatuto de Autonomía.
No ano 2004 a Corporación municipal de Mondariz a proposta do Foro E. Peinador
declarou a Peinador Lines Fillo Predilecto co escandaloso voto en contra do Bloque
Nacionalista Galego. Agora, 86 anos despois da súa morte ocorrida o 20 de xuño de 1940
e o fusilamento do seu fillo meses antes, o 27 de abril, o BNG ten unha oportunidade para
declarar Fillo Adoptivo do Concello a Enrique Peinador Porrúa, demostrando así a
adhesión aos princpios da Lei da Memoria Histórica, reparando o lamentable veto á
declaración da honra de Fillo Predilecto para o seu pai.

  • Presidente do Foro E. Peinador.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.