Mar achegou á Confraría de Porto do Son 1,5 millóns para a mellora de infraestruturas e servizos

16 Xuño 2026

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, visitou este martes 16 de xuño a Confraría de Porto do Son, onde avaliou as actuacións realizadas nas instalacións portuarias nos últimos cinco anos co apoio da Xunta. Estes investimentos superan os 1,5 millóns de euros, e enmárcanse nas axudas postas a disposición deste sector a través do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA).

Na visita estivo acompañada do patrón maior Emilio Queiruga e do alcalde Luis Oujo.

No encontro, V. Suárez puxo en valor o esforzo investidor da Consellería que dirixe Marta Villaverde, que, segundo dixo, “permitiu a modernización das infraestruturas e a mellora dos servizos que se prestan no pósito, así como dotar ao sector de equipamentos máis eficientes e seguros”.

Entre os investimentos executados figuran obras de canalización e tendido da derivación eléctrica, xunto coa incorporación de distintos contedores isotermos, a mellora da iluminación mediante tecnoloxía LED e a renovación dos sistemas de carga e descarga tanto da pesca artesanal como da frota do cerco. Completan as actuacións a adquisición de equipamento auxiliar como hidrolimpadoras e grúas, destinadas a optimizar as tarefas diarias de manipulación e limpeza nas instalacións portuarias, a instalación de equipos frigoríficos e de clasificación e exposición ou as obras de mellora para evitar as filtracións.

A directora xeral subliñou que estes investimentos “contribúen a reforzar a competitividade do sector pesqueiro local e a mellorar as condicións de traballo dos profesionais do mar, ao tempo que reafirmou o compromiso da Xunta co desenvolvemento e modernización das infraestruturas pesqueiras”.

Durante o encontro tamén se abordaron as necesidades actuais da confraría e os retos de futuro do sector.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.