“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

17 Xuño 2026

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda.

Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un “home tranquilo”, deixou este mércores un pouso de inquedanza en moitos españois que se fan (nos facemos) decote esta mesma interrogante perante a situación que podería ser cualificada de hiperbólica se non se producira prácticamente acotío en calquera reunión de amigos, compañeiros ou familiares. 

Pero feita con toda serenidade no Congreso dos Deputados e dirixida polo vicepresidente Cuerpo á portavoz do grupo do PP, Ester Muñoz, nen moito menos pode significar unha brincadeira. 

Pode estar en marcha un novo 23 F., pregúntome a min mesmo?.

Os que vivimos o protagonizado en 1981 por Antonio Tejero, probablemente estivesemos máis lonxe de que tal posibilidade se producira daquela que na actualidade. E o que agora deixan entrever os voceiros de partidos da oposición non se pode entender coma un convite ao entendemento ou un achegamento por parte do Goberno á presentación dunha cuestión de confianza, e menos dunha moción de censura por parte da oposición porque as cifras non lles “da”. 

O control ao Goberno ven sendo un acontecemento que non por agardado deixa de ser sorprendente: desta vez, Ester Muñoz dixo que o Goberno lanzara “un ataque frontal contra do Estado de Dereito” por considerar que pode haber “un golpe de Estado en marcha para depoñer ao Goberno de España”, ao que Carlos Cuerpo respostou que o Goberno defende a Xustiza “coma un piar do sistema democrático”, porque de Xustiza se estaba a falar na sesión matinal da cámara baixa, na que Cuerpo pediu que deixen traballar á Xustiza respectando os seus tempos. 

Sexa o que sexa, o caso é que a cidadanía semella non estar conforme con este estado de cousas e non entende de liortas que, malia os aplausos outorgados ao papa León XIV na súa recente intervención na mesma cámara diante de tódolos deputados, nen moito menos hai lealdade e comprensión na que se dí  é a Casa da Palabra. 

Non estamos ao chou para repetirmos funestas experiencias.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.