Este sábado regresa a estabilidade e o tempo seco con melloría durante a fin de semana

05 Xuño 2026

Iniciamos este sábado 6 de xuño cunha progresiva recuperación da estabilidade meteorolóxica grazas ao avance das altas presións, que irán gañando terreo ao longo da xornada tras varios días marcados pola presenza de nubes e polo paso de frontes pouco activas.

Durante as primeiras horas do día predominarán os ceos anubrados, especialmentena nosa costa. Non se descarta que poidan rexistrarse algunhas precipitacións febles e ocasionais a primeira hora da mañá, aínda que de carácter moi puntual e pouco significativo.

Co avance da tarde, a situación tenderá a mellorar de forma xeneralizada. Abriranse amplos claros en practicamente en todo o país, nunha xornada que estará acompañada pola presenza de nubes medias e altas sen consecuencias destacables.

As temperaturas experimentarán unha recuperación, con ascensos tanto nas mínimas como nas máximas(máximas 22 a 23 graos). O incremento será máis notable nos valores nocturnos e das primeiras horas do día, deixando un ambiente algo máis suave que nas últimas xornadas.

En canto ao vento, soprará do oeste-noroeste con intensidade frouxa na maior parte do territorio galego, aínda que no litoral norte poderá rexistrarse moderado, especialmente nas zonas máis expostas da costa.

meteogalicia

O noso mar: Vento do noroeste á mañá, do noroeste á tarde e do norte á noite, forza 1 a 3 á mañá, 4 a 5 á tarde e 3 a 5 á noite. Mar ovellado á mañá e forte marusía á tarde e á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 3 a 3.5 metros á mañá, 2.5 a 3 metros á tarde e 2 a 2.5 metros á noite.

Outros artigos

Alerta laranxa o sábado con risco de treboadas sobre todo no interior

Activada este sábado a alerta laranxa ante a previsión de intensas tormentas e precipitacións que afectarán principalmente ao noroeste e ao interior da provincia da Coruña. Segundo os datos facilitados pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o aviso activarase a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.