En Noia, iniciada a limpeza integral do Aparcadoiro Xuíz Falcone

30 Xuño 2026

Esta semana (entre este luns 29 e este martes 30 de xuño) o Concello de Noia, a través das brigadas municipais de limpeza e mantemento, está a realizar unha limpeza integral do aparcadoiro Xuíz Falcone.

O Concello lembra que este espazo está situado xunto ao Campo da Feira e forma parte dunha contorna moi utilizada pola veciñanza e tamén polos visitantes doutros concellos. Por este motivo, o aparcadoiro permanecerá pechado durante este luns e este martes, mentres se desenvolven os traballos.

O Concello pediu desculpas “polas molestias que esta actuación poida ocasionar” e agradece “a comprensión e colaboración de todos os veciños e veciñas”.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.