“Empreñan por elas”. Luís Celeiro

07 Xuño 2026

Un amigo, lector deste xornal, ao constatar que a maioría da persoas profesionais da política non
escoitan e que ninguén as entende, fixo unha listaxe breve cos animais do mundo que teñen as
orellas grandes, entre os que figura o elefante africano, ese que ten orellas enormes, as máis
grandes dos animais que viven na terra, con ata dous metros de lonxitude cada unha delas. Pero,
obviamente, a aqueles ou a aquelas que andan na política e, máis concretamente na procura de
votos, de pouco (ou de nada) lles vale que escoiten ben e todo os elefantes.
Hai morcegos incluídos na relación deste lector. Ninguén sabe moi ben cal foi a motivación, pero el
préstalle atención ao morcego orelludo, pertencente a unha especie que abunda en Europa e, ao
parecer, tamén en Asia. As orellas deste insectívoro poden ser do tamaño do seu corpo pardo. Outro
dos animais de orellas grandes é o fermoso e pequeno raposo do deserto, un animal que escoita
tódolos sons do seu arredor, incluso o das miñocas cando están na súa galería, baixo terra.
Tamén a lebre de California ten orellas longas. Poida que apareza nesta enumeración pola súa
fermosura e pola capacidade para cambiar velozmente de sitio. Está e, nun instante, non se ve. Esta
lebre atópase en paraxes por onde tamén se move o cervo mulo, un herbívoro de cornamenta e
orellas grades, iguais que as dunha mula ou dunha burra calquera.
Dos humanos, a persoa coas orellas máis grandes do mundo é a turca Rumeysa Gelgi, unha muller
que mide dous metros e quince centímetros, segundo o Guinness World Records, de 2024. As orellas
desta avogada e investigadora, con case dez centímetros de lonxitude, acentúan as súas diferenzas
coa demais xente.
As orellas protexen aos ouvidos para escoitar mellor, e tamén falan, indican posición, carácter,
personalidade e incluso intelixencia na cabeza á que están suxeitas e da que forman parte. Quen
agache as orellas ou a cabeza diante dos poderosos, perderá a liberdade súa e a dos seus.
Aínda que non sexan grandes, as orellas teñen a súa importancia para aquela xente involucrada en
tarefas de mando, de aprobación de normas, de goberno e de dirección do destino da sociedade.
Como recorda a Tía Manuela, “os pérfidos e malvados, empreñan por elas”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Errar es de humanos” – José Antonio Constenla

“Errar es de humanos” – José Antonio Constenla

Decía Séneca que “errar es humano” y por tanto, si esto fuese así, uno podría concluir que “no errar será de no humanos”. Dos mil años después, esta premisa necesita una actualización y no porque haya dejado de ser cierta, sino porque ya empieza a haber quien, con...

“Tres aviones volando a Turquía” – José Castro López

“Tres aviones volando a Turquía” – José Castro López

En la cumbre de la OTAN de la semana pasada no sorprendieron las boutades del presidente americano que primero insultó a España -y a otros socios- y en el vuelo de vuelta se deshizo en elogios a nuestro país, no se sabe a cambio de qué. Tampoco fue sorpresa alguna la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.