Arrincan as actividades do Concilia de Verán de Noia

23 Xuño 2026

Este luns 23 deron comezo en Noia as actividades do programa Concilia de Verán 2026, destinado a achegar actividades de lecer para a rapazada que contribúan a mellorar o seu tempo libre e a facilitar o día a día laboral das nais e dos pais.

O Concello confirmou que esta edición arranca co maior número de prazas da historia do programa, horarios ampliados para facilitar a conciliación das familias e “unha contorna inmellorábel como son as aulas, o patio e o ximnasio do IES Campo de San Alberto”.

A concelleira de Mocidade e Educación, Ana Blanco, achegouse este luns 22 ao centro educativo para dar a benvida aos pequenos e pequenas nesta primeira xornada.

O Concello agradeceu ao IES Campo de San Alberto a súa colaboración e a acollida dispensada.

Lembrar que o programa Concilia Verán do Concello de Noia acadou este ano un récord de solicitudes, confirmando, segundo o Goberno local, “a crecente demanda dos servizos municipais de conciliación”. Así, apuntan, malia “o esforzo realizado polo Concello para ampliar tanto o número de prazas como os horarios do programa”, as quendas de maior capacidade, preparadas para acoller ata 160 nenos e nenas, superaron as 220 solicitudes, “unha resposta que evidencia a necesidade deste recurso entre as familias noiesas”, engaden.

Desde o Concello lembran, ademais, que este é o primeiro Concilia Verán que se desenvolve tras a entrada en vigor da ordenanza Noia Concilia, unha ferramenta creada para garantir a continuidade das políticas municipais de conciliación ao longo de todo o ano. “Con esta ordenanza quixemos blindar e asegurar a conciliación como un compromiso permanente do Concello. Os horarios que establecemos responden ao que as familias nos demandaban e permiten unha conciliación real a moitas persoas que ata agora non atopaban unha alternativa compatible coa súa vida laboral”, engadiron dende o Concello.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.