Ampliado en 20 prazas o programa Lousame Concilia Verán 2026 para dar resposta a todas as peticións das familias

12 Xuño 2026

O Concello de Lousame publicou a relación de familias admitidas no servizo Lousame Concilia Verán 2026, unha iniciativa para a conciliación da vida familiar e laboral que se desenvolverá durante os meses de xullo e agosto e que por primeira vez será totalmente gratuíto para as familias con menores empadroados no municipio. A concelleira de Cultura e Servizos Sociais, Silvia Agrafojo, explica que “aínda que inicialmente convocamos 40 prazas, finalmente dende o Concello de Lousame acordamos facer un esforzo e ampliar ata as 60 para así dar cobertura a todas as familias que solicitaron este servizo”.

Neste sentido, Silvia Agrafojo lembra que “por primeira vez o Lousame Concilia Verán vai ser totalmente de baldo para todas as familias participantes, grazas a unha achega do Concello de Lousame que se suma ao financiamento que chega da Xunta e do Ministerio de Igualdade a través do Plan Corresponsables. Unha achega que tivemos que incrementar nestes últimos días para poder acoller esas 20 prazas extra, pero fixémolo sen dubidar porque o noso compromiso é seguir facilitando a conciliación familiar e seguir axudando no posible ás familias para que teñen fillos en Lousame”. Un compromiso no que tamén figuran outras actividades de conciliación que se porán en marcha ao longo deste verán como son as Leisure Activities ou o Campamento do Verán Activo.

Lousame Concilia Verán 2026 é un programa dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 16 anos de idade, que desfrutarán de divertidas actividades nas instalacións do CPI Cernadas de Castro durante os meses de xullo e agosto, en horario de 9:30 a 14:30 horas. Está organizado pola Concellería de Igualdade de Lousame e conta coa colaboración da Consellería de Política Social e Igualdade e do Programa Corresponsables, do Ministerio de Igualdade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.