Activo un incendio forestal no concello de Padrón, parroquia de Herbón

12 Xuño 2026
Foto de María José Lorenzo (Xente de Pontecesures)

A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal, activo arestora, que se rexistra no concello coruñés de Padrón, parroquia de Herbón, concretamente no monte de Meda.

Este lume iniciouse ás 16.01 horas e segundo as últimas estimacións provisionais supera as 20 hectáreas de superficie afectada. Para a súa extinción mobilizáronse polo de agora 1 técnico, 12 axentes, 13 brigadas, 8 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 6 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X (antigo twitter): @incendios085.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.