Abanqueiro celebra este sábado 20 de xuño o Serán Tradicional da Asociación Cultural de Abanqueiro. Será a partir das 19.00 horas no Centro Social. Organizado pola dita asociación en colaboración co Concello de Boiro, incluirá no seu programa un interesante menú de agrupacións de música tradicional galega. Ao remate haberá foliada libre (os grupos anotaranse por orde de chegada). A festa incluirá o sorteo dun xamón.




