A 13ª edición do Festival Internacional de Arpa Vila de Noia (Noia Harp Fest) anuncia o seu programa

01 Xuño 2026

O Festival Internacional de Arpa Vila de Noia, coñecido como Noia Harp Fest, xa vai pola súa 13ª edición, é unha iniciativa promovida por Nalgures Producións e cuxa dirección artística recae na Asociación Cultural Noia Harp Fest. O evento, que se celebrará do 30 de xullo ao 1 de agosto, conta co apoio do Concello de Noia e da Xunta de Galicia a través de Turismo de Galicia e do proxecto Concertos do Xacobeo. Tamén colaboran a Sociedade Cultura Recreativa Liceo de Noia, a Asociación Española de Arpistas (AEDA), a Deputación Provincial da Coruña e Acción Cultural Española.

Indo ao Noia Harp Fest deste ano, sinalar que consolida a súa aposta pola visibilización do talento arpístico a través de múltiples estilos e achegará dous directos o 1 de agosto que contarán con algunhas das figuras máis representativas da escena clásica, culta e antiga.

A primeira cita do día terá lugar ás 12:30 horas na Igrexa de San Francisco. O prestixioso arpista Manuel Vilas, recoñecido internacionalmente pola súa especialización en arpas históricas e a recuperación do patrimonio musical, actuará xunto ao grupo de música antiga Entrebescant, unha formación que salienta pola súa interpretación rigorosa de repertorios medievais.

O aspecto máis excepcional desta actuación será o uso dos instrumentos da Arquivolta da Igrexa de San Martiño, que forman parte da identidade cultural da vila. Estas pezas son copias fidedignas reconstruídas polo Noia Harp Fest e o Concello de Noia no ano 2018, baseándose na iconografía orixinal do pórtico. O proxecto permite escoitar de novo o son real das figuras pétreas da igrexa grazas a un minucioso traballo de luthiería e investigación histórica. Entrebescant e Vilas fusionan así a técnica interpretativa de vangarda coa sonoridade auténtica dos instrumentos do século XV, convertendo o patrimonio arquitectónico en música viva nun marco único.

 Xa pola tarde, ás 20 horas, o Claustro de San Francisco acollerá o concerto da arpista Neleta Ortiz, unha das figuras máis activas na investigación de novos repertorios e na divulgación musical de prestixio. Coa súa proposta, que integra a arpa clásica cunha estética coidada, Ortiz presentará en Noia unha obra para arpa e violonchelo inédita do compositor italiano Enrico Mainardi, froito dunha fonda investigación sobre o seu legado.

Esta interpretación, que destaca pola súa relevancia académica, contará coa colaboración do recoñecido cellista Thomas Piel nunha proposta que recupera material histórico para o instrumento. O concerto, organizado de forma conxunta polo Noia Harp Fest e a AEDA, conta cunha consolidada infraestrutura loxística que garante a sonorización técnica precisa para un espazo tan senlleiro como o claustro.

Maeve Gilchrist

Ambos os dous concertos serán de acceso libre até completar a capacidade dos espazos, convertendo esta xornada de colaboración nunha oportunidade única para achegar ao público propostas de alto nivel interpretativo e rigor académico.

O anuncio das incorporacións de Manuel Vilas, Entrebescant e Neleta Ortiz amplía deste xeito o cartel da 13ª edición do Noia Harp Fest, que este ano presenta unha programación liderada polas arpistas internacionais: Maeve Gilchrist, Siobhán Armstrong e Sona Jobarteh.

 Avance de programación do XIII Noia Harp Fest:

· 30 de xullo: Teatro Coliseo Noela- Maeve Gilchrist

· 31 de xullo: Igrexa de Santa María A Nova- Siobhán Armstrong

· 1 de agosto: Igrexa de San Francisco- Manuel Vilas e Entrebescant

· 1 de agosto: Claustro de San Francisco- Neleta Ortiz

· 1 de agosto: Praza do Tapal- Sona Jobarteh

 

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.