Xa na rúa “O Barbanza” nº 87 (maio 2026): homenaxes, cultura e actualidade na comarca nas Letras Galegas

14 Maio 2026

A nova edición da revista O Barbanza chega coas Letras Galegas 2026 como gran protagonista, dedicadas á escritora viguesa Begoña Caamaño, e cun repaso completo á actualidade dos concellos da comarca está xa en distribución de balde en toda a comarca.

Cultura e homenaxes

Ribeira presenta unha ampla axenda cultural con máis de quince actividades baixo o lema “Un maio para lembrar”: concertos, teatro, contacontos, o festival Bruón Folk, o espectáculo BenQuerer de Fran Sieira e o concerto solidario de SOGAPS.
A Pobra celebra tamén un mes cheo de actos arredor de Caamaño, con exposicións, roteiros e presentacións literarias.
Boiro acollerá o 17 de maio a XV Romaría das Letras do Barbanza no Pazo de Goiáns, mentres que Lousame impulsará a candidatura “Zernadas 27” para o Día das Letras Galegas 2027.
Porto do Son programa un recital aberto de poesía e concerto de Balteira, mentres que Noia, Muros, Rianxo e Outes completan o panorama cultural con cinema, teatro, música e feiras do libro.

Actualidade municipal

Ribeira renova a campaña de bonos AmaRibeira con 100.000 euros para apoiar o comercio local.
A Pobra conclúe a mellora ambiental do Camiño Real e recibe a visita da Deputación no Museo Valle-Inclán, ademais de revalidar a Bandeira Azul en Cabío-Lombiña.
Boiro impulsa obras viarias, a rehabilitación do Pazo de Goiáns e o novo obradoiro de emprego Torre Goiáns V.
En Porto do Son, remata o plan de restauración costeira e entran en marcha melloras sociais e educativas.

Entrevista

A ribeirense Rosa Crujeiras, nova reitora da USC, fala dos seus obxectivos: avanzar cara a unha universidade feminista, moderna e igualitaria, reforzando a divulgación científica e o apoio ao estudantado.

Recoñecementos

A revista rende homenaxe ao intelectual ribeirense Quico Domínguez, destacado galeguista, director da Fundación Penzol e impulsor da tradución da Biblia ao galego, coas lembranzas de Antón Vidal Andión e Andrés Torres Queiruga.

Empresas e economía

A Deputación destaca a empresa CONGALSA como motor industrial da provincia na súa sede da Pobra. A compañía prepara a súa X Andaina Solidaria e mantén o patrocinio ao Club Baloncesto Rianxo.
Tamén se recollen accións culturais de Feiraco (concurso de microrrelatos) e Gadis (campaña “Lenzos, as letras en cor”).

Literatura e lingua

A sección literaria ofrece recomendacións de libros sobre Begoña Caamaño para público infantil e xuvenil e mantén o espírito das Letras Galegas vivas en toda a comarca.

O Barbanza nº 87 consolídase como o escaparate das iniciativas culturais, sociais e económicas que dinamizan o Barbanza e o sur da provincia da Coruña.

Outros artigos

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

Tiven a honra de presentar o acto que en Cospeito se celebrou arredor de  “Caldaloba”, drama histórico en verso do poeta e profesor Xosé Otero Canto.        Foi, á vez, un placer inmenso estar en Cospeito, rodeado de amigos que saben,  eu que só poido intuir e sentir...

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

“Ofrenda” – Xulio Xiz

Celebrouse unha nova Ofrenda solemne do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado na Catedral de Lugo. Cumpríronse 357 anos da súa institución, e cada ano as sete cidades do antigo Reino, seguen a xuntarse en Lugo – corazón do país – para honrar ao Santísimo e...