UCIN Galicia activa a súa folla de ruta para as municipais de 2027

31 Maio 2026

UCIN Galicia activou a súa folla de ruta de cara ás municipais de 2027 nunha xornada de coordinación política centrada no reforzo territorial, o balance do traballo institucional e a planificación electoral da formación.

A reunión, presidida por José Luis Calo, serviu para analizar a implantación da organización nas distintas comarcas galegas e para afondar no labor dos seus representantes municipais, que a dirección puxo en valor pola defensa dos intereses veciñais e pola súa proximidade á cidadanía.

No encontro tamén se avanzou na estratexia electoral para 2027, cunha aposta por ampliar presenza en novos concellos e configurar equipos capaces de ofrecer alternativas sólidas de goberno local.

Ademais, UCIN Galicia anunciou un novo calendario de encontros cidadáns por diferentes localidades co obxectivo de recoller demandas sobre vivenda, seguridade, mobilidade, servizos públicos e abandono institucional. Calo subliñou que a formación traballa para chegar ás municipais cun proxecto “forte, unido e preparado para seguir avanzando”.

Outros artigos

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

Tiven a honra de presentar o acto que en Cospeito se celebrou arredor de  “Caldaloba”, drama histórico en verso do poeta e profesor Xosé Otero Canto.        Foi, á vez, un placer inmenso estar en Cospeito, rodeado de amigos que saben,  eu que só poido intuir e sentir...

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

“Ofrenda” – Xulio Xiz

Celebrouse unha nova Ofrenda solemne do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado na Catedral de Lugo. Cumpríronse 357 anos da súa institución, e cada ano as sete cidades do antigo Reino, seguen a xuntarse en Lugo – corazón do país – para honrar ao Santísimo e...