Todo listo para a edición 2026 da Romaría das Fousas, este sábado en Filgheiras (Taragoña)

29 Maio 2026

Este sábado 30 de maio vaise celebrar en Filgueiras (Taragoña) unha nova edición da Romaría das Fousas, que dará comezo ás 12.00 horas e que vén cargada de actividades para todas as idades: musicais, culturais, gastronómicas e festeiras.

As festas, organizadas pola Comunidade de Montes Veciñais O Fieitoso e o colectivo Fousas ao Monte, incluirán faladoiros (sobre fitotoponimia a cargo de Ramón Brea), xogos e deportes, concursos, un bingo musical e a entrega dos galardóns da Romaría das Fousas 2026: A Lola García, a Tonhito de Poi e ao CCD Taragoña.

Haberá vertente gastronómica (polbeiro) e musical, coas actuacións de Os Palleiráns, ás 14.00 horas, Collón de Lola (ás 18.00), Tremenda Sudada ( ás 19.30 horas), Bola Extra e Misto Ghasolino.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.