Sábado 23 inestable, con treboadas no interior e calor intensa en toda a xornada. Chuvascos treboentos localmente fortes con posible saraiba

22 Maio 2026

Chuvascos treboentos localmente fortes con posible saraiba nas rias baixas de Pontevedra. Aviso desde as 14 horas do sábado ata as 24 do domingo.

A xornada do sábado estará marcada por unha forte inestabilidade atmosférica, debido á combinación de aire moi cálido en superficie e aire frío nas capas altas. Agárdanse ceos parcialmente cubertos, con nubes medias e altas, e unha alta probabilidade de chuvascos de carácter tormentoso, sobre todo no interior.

As temperaturas apenas cambiarán, polo que continuará a sensación de calor intensa. O vento soprará frouxo e de dirección variable durante boa parte do día, aínda que tenderá a predominar o nordés.(30 a 32 graos).

meteogalicia

O noso mar: Vento variable á mañá e á tarde e do nordés á noite, forza 2 a 4 á mañá e 1 a 3 á tarde e á noite. Marusía á mañá e mar ovellado á tarde e á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste á mañá e á tarde e oeste á noite, con ondas de 1 a 1.5 metros á mañá e 0.5 a 1 metros á tarde e á noite.


Outros artigos

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...