Pesar na comarca pola morte de Fernando Cabeza Quiles

02 Maio 2026

Vículado a Ribeira onde foi profesor e tamén o seu pai no IES 1 e autor da toponímia do Concello editada pola Real Academia Galega.

A Real Academia Galega expresa o seu fondo pesar polo pasamento de Fernando Cabeza Quiles. O filólogo, colaborador do Seminario de Onomástica, foi un incansable estudoso e divulgador dos nomes da nosa terra, en particular daqueles lugares que marcaron a súa traxectoria vital. Mostra desta paixón son os catro volumes que deixa publicados na colección Terra Nomeada: Toponimia da Estrada (2018), Toponimia de Carballo (2020), Toponimia de Ribeira (2022) e Toponimia de Padrón e Pontecesures (2025), que presentou o pasado mes de xaneiro.

O escritor e filólogo Fernando Cabeza Quiles faleceu este venres aos 73 anos tras sufrir unha caída mentres circulaba en bicicleta no municipio coruñés de Carballo. O accidente produciuse ao redor das 13.00 horas no quilómetro 1 da estrada DP-1914, un tramo caracterizado pola súa forte pendente, e no que non se viron implicados outros vehículos.

Fernando Cabeza Quiles co libro Toponimia de Ribeira entre outros

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, foi un particular quen deu a voz de alarma ao presenciar a caída nesta vía. De inmediato activouse un operativo de emerxencias no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e o servizo municipal de Protección Civil de Carballo. Con todo, á súa chegada ao lugar, os equipos sanitarios só puideron confirmar o falecemento do escritor, sen posibilidade de realizar manobras que reverteran o desenlace.

Fernando Cabeza Quiles, nado en Ponferrada, foi unha figura destacada no ámbito da toponimia galega, ademais de autor de ensaios, relatos, poesía e numerosos artigos de carácter etnográfico, histórico e social. Ao longo da súa vida residiu en diversas localidades galegas por motivos profesionais, entre elas A Estrada, Ribeira, Vigo e, finalmente, Carballo.

Precisamente o seu paso por Ribeira forma parte da súa vinculación con esta localidade, onde exerceu como docente e desenvolveu parte da súa traxectoria profesional, contribuíndo a reforzar a súa conexión coa cultura e o territorio galego.

A noticia xerou numerosas mostras de pesar no ámbito cultural, entre elas as da Asociación de toras toras e tores tores en Lingua Galega e a de colegas e amigos que destacaron a súa achega ao estudo e divulgación do patrimonio lingüístico de Galicia.

En abril de 2023 a raíz da publicación da Toponimia de Ribeira O Barbanza publicou unha entrevista co autor que saíu na edición 46 de marzo- abril de 2023 e que reproducimos de seguido:

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.