Pepe Barrio Guldrís e María Barrio Bouzas fanse co triunfo en Tui na segunda proba do Campionato de España Inclusivo de Motonáutica

23 Maio 2026

Tui acolleu este sábado a segunda proba do Campionato de España Inclusivo de Motonáutica – Grupo Davila cun récord de participación e un alto nivel competitivo. Case unha vintena de pilotos tomaron parte nunha cita que renovou por completo o podio provisional respecto da primeira parada celebrada en Portosín.

Os noieses Pepe Barrio Guldrís e María Barrio Bouzas impuxéronse na clasificación, igualando o primeiro posto acadado en Portosín pola parella viguesa formada por José Luís Fernández e Montserrat Pérez. A segunda posición foi para os tomiñeses Marcos Casaleiro e Alberto Estévez, mentres que o terceiro chanzo do podio quedou tamén en mans de Noia, coa tripulación composta por Marcos Veiga e María Barrio.

 RFG Motonáutica

A proba desenvolveuse sobre as augas do Miño, na fronteira entre España e Portugal, cun trazado técnico tipo xincana entre boias que puxo a proba a pericia dos participantes e a coordinación cos seus axudantes a bordo. O Interfederado actuou como base operativa en terra nunha xornada marcada pola competición e pola resposta do público.

Na entrega de premios participaron o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro; o concelleiro de Servizos Sociais e Medio Ambiente, Ismael Diz; e o presidente da Real Federación Galega de Motonáutica, Carlos Gago. A seguridade correu a cargo da Comandancia Naval do Miño, en colaboración con Protección Civil de Tui.

A terceira e última proba do campionato disputarase no Liceo Marítimo de Bouzas o 19 de setembro de 2026.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.