O voluntariado do programa Plancton (Afundación) retira 3.000 exemplares de invasoras do Parque Natural de Corrubedo

06 Maio 2026

Afundación (Abanca) organizou este mércores 6 de maio unha nova xornada do programa PLANCTON no Parque Natural Complexo Dunar de Corrubedo, con máis de 30 persoas convocadas a través do voluntariado Actúa intervindo na contorna do dito complexo ambiental.

Grazas ao traballo en común, retiráronse 3.000 exemplares de plantas exóticas invasoras, que a báscula reflectiu como 45 kg aproximadamente. Ademais, os voluntarios e voluntarias apañaron 10 kg de lixo mariño recollido na praia de Ladeira.

Segundo informou Afundación, esta xornada “tivo un importante valor educativo, xa que permitiu ás persoas participantes comprender desde o terreo a problemática do lugar e as solucións que están nas nosas mans”.

A anterior xeira de traballo ambiental de Actúa celebrouse o pasado 10 de abril na mesma contorna.

Retiráronse principalmente plántulas de piñeiro (Pinus sp.). A actuación deseñouse para tratar de poñerlle freo ao seu avance que, de xeito progresivo, estalle a comer terreo á duna e ás especies propias, favorecendo a extensión do bosque e desacelerando a súa mobilidade natural.

Xunto cos piñeiros, tamén se pon o foco noutras especies exóticas invasoras como Conyza sp., a margarida africana Arctotheca calendula e varios pes de áloe.

Esta actividade encádrase no marco de PLANCTON, o Plan de Conservación Territorial impulsado pola Obra Social de Abanca, a través do cal a entidade desenvolve un labor continuo de protección e posta en valor do patrimonio natural galego. A iniciativa lévase a cabo coa colaboración activa do seu voluntariado, que participa en actuacións distribuídas ao longo de distintos puntos da costa de Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.