O Concello de Ribeira adxudica a mellora da terraza do Mercado Municipal

29 Maio 2026

O Concello de Ribeira continúa avanzando cara a consecución do selo de Mercado Excelente coa adxudicación para unha mellora da terraza da praza de abastos focalizándose na substitución do chan elevado de madeira, o mantemento do novo firme e as paredes e bancos de madeira da parte alta de dito espazo municipal.

O orzamento de licitación situouse nos 36.300 euros, IVE incluído. A empresa Serdeco Contratas, S.L. resultou a adxudicataria das tres que concorreron ao proceso por contar coa mellor oferta por un importe de 29.830 euros, con impostos, financiado nun 80% a través dunha subvención da Dirección Xeral de Comercio e Consumo por importe total de 137.415,38 euros da cal resultou beneficiaria a Administración local para a mellora do conxunto do mercado municipal. O prazo de execución das obras será de tres meses unha vez formalizado o contrato.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.