O Concello de Boiro saca a licitación a instalación dunha bomba de calor aerotérmica para a Casa Consistorial

19 Maio 2026

Dende o Concello de Boiro veñen de anunciar que sacan a licitación a instalación dunha bomba de calor aerotérmica para a Casa Consistorial. Engadir que as ditas actuacións contan co financiamento da Axencia Instituto Enerxético de Galicia.

A finalidade desta achega é mellorar a eficiencia enerxética do sistema de calefacción, optimizando o consumo enerxético e reducindo as emisións contaminantes mediante a incorporación de bombas de calor aire-auga tipo aerotermia que traballarán de maneira conxunta coas caldeiras de gas xa instaladas.

O sistema proxectado vai consistir na instalación de tres bombas de calor aire-auga en configuración de cascada cunha potencia aproximada de 88,7KkW que se integrarán coas dúas caldeiras de gas existentes dando como resultado un sistema híbrido que vai permitir optimizar o rendemento das instalacións térmicas.

A actuación atópase en fase de licitación por un importe de 154.138,44 euros e as empresas interesadas poden presentar as súas ofertas a través da Plataforma de Contratación do Sector Público até o 1 de xuño de 2026.

Para levar a cabo esta actuación o Concello de Boiro conta cunha subvención do INEGA por importe de 114.757,59 euros mediante o Programa de incentivos para a implantación de instalación de enerxías renovábeis térmicas en edificios non residenciais, establecementos e infraestruturas do sector público, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Outros artigos

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.