O BNG da Pobra rexeita a celebración do Día das Forzas Armadas no municipio

28 Maio 2026

Unha fisura no goberno local da Pobra do Caramiñal entre o BNG e o resto da executiva, especialmente coa Alcaldía, tras anunciarse a actuación da Unidad de Música do Mando de Apoyo á Maniobra no cine Elma o 6 de xuño, no marco do Día das Forzas Armadas.

O BNG asegurou non ter coñecemento da iniciativa e rexeitou «contundentemente» a celebración, argumentando que se produce nun contexto de conflitos armados globais e que supón unha exaltación do militarismo incompatíbel coa súa aposta pola paz, a soberanía dos pobos e a solución diplomática dos conflitos.

O BNG da Pobra do Caramiñal rexeitou a celebración do Día das Forzas Armadas no municipio, unha iniciativa impulsada pola Alcaldía da que asegura non ter coñecemento previo, nin sequera o propio grupo municipal.

A formación nacionalista manifestou a súa oposición a este acto ao considerar que supón unha exaltación do militarismo e do belicismo nun contexto internacional marcado polas guerras e polas súas consecuencias humanitarias.

Nun comunicado, o BNG defendeu un modelo baseado na paz, o respecto mutuo e a soberanía dos pobos, á vez que criticou o incremento do gasto militar por parte dos gobernos da UE e do Estado español fronte aos recortes en servizos públicos.

O partido fixo tamén un chamamento á veciñanza da Pobra a participar na manifestación convocada para o sábado 30 de maio en Vigo, en contra da exaltación militar e a favor da paz.

Outros artigos

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

Esther Piñeiro presenta en Noia o seu libro poemas “Sempre Lela”

A autora Esther Piñeiro presentará en Noia Sempre Lela, publicado pola editorial local Toxosoutos. A cita será este venres 25 de setembro ás 20.30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos. Trátase, segundo avanza o Concello de Noia nas redes, dun pequeno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.