O Arquivo-Biblioteca da Catedral de Santiago presentou a súa nova web e catálogo en liña

11 Maio 2026

O Arquivo-Biblioteca da Catedral de Santiago presenta este luns a súa nova web, froito de case un ano de traballo e desenvolvida pola empresa DataLib. A páxina, en formato de subdominio da web catedralicia, está pensada para facilitar o acceso á información sobre os fondos, servizos, actividades e publicacións destas dúas institucións.

A nova web estrutúrase en tres grandes apartados: “Información xeral”, “Fondos e coleccións” e “Servizos”. Nela, as persoas usuarias atoparán contidos amplos sobre os recursos do Arquivo e da Biblioteca, así como os seus catálogos en liña.

Un dos principais atractivos da plataforma é o novo catálogo do Arquivo, desenvolvido co software libre e de código aberto AtoM (Access to Memory). Esta ferramenta, baseada nos principais estándares de descrición arquivística, permitirá consultar non só as catalogacións, senón tamén imaxes de documentos de especial valor histórico.

Entre os materiais que xa se poderán visualizar figuran protocolos notariais dos séculos XV ao XVIII, actas capitulares do século XVII e fotografías decimonónicas do sacerdote José Limia Rodríguez, nunha aposta clara por achegar o patrimonio documental á cidadanía e á comunidade investigadora. (https://archivobiblioteca.catedraldesantiago.es/),

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.