Noia recupera a Feira do Libro cunha edición dedicada á lectura, á cultura e ás actividades para todos os públicos

10 Maio 2026

O Concello de Noia vén de presentar un primeiro avance da programación da Feira do Libro de Noia 2026, unha cita cultural que regresa á vila os días 22, 23 e 24 de maio e que converterá o centro de Noia nun espazo de encontro arredor da lectura, a creatividade e a cultura.

Segundo informou o Goberno local, “a recuperación desta celebración responde á aposta do Concello por impulsar actividades culturais de referencia e por poñer en valor a importancia da lectura como ferramenta fundamental de formación, convivencia e participación social”.

Durante os tres días desenvolveranse actividades para todos os públicos, con propostas infantís, obradoiros, música, presentacións e sinaturas de libros, ademais da participación de centros educativos e persoas vinculadas ao ámbito cultural.

As actividades celebraranse diante do Concello, no claustro e no Campo da Feira, creando un ambiente cultural aberto e participativo no corazón da vila.

Este é só un primeiro adianto da programación, xa que nas próximas datas o Concello dará a coñecer novas actividades, participantes e máis novidades relacionadas coa edición deste ano. A concelleira de cultura e responsable da iniciativa, Chelo Martínez, asegurou que “estamos preparando unha edición especialmente emotiva para recuperar esta celebración tan importante para Noia”.

Outros artigos

En Rianxo abren as inscricións do Campamento de Teatro Verán 2026

O Concello de Rianxo informou de que están abertas as inscricións para o Campamento de Teatro Verán 2026, que inclúe unha manchea de actividades formativas e de lecer para permitir ás mozas e mozos "desfrutar dun verán diferente" ao tempo que desenvolven e sacan á luz...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ofrenda” – Xulio Xiz

“Ofrenda” – Xulio Xiz

Celebrouse unha nova Ofrenda solemne do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado na Catedral de Lugo. Cumpríronse 357 anos da súa institución, e cada ano as sete cidades do antigo Reino, seguen a xuntarse en Lugo – corazón do país – para honrar ao Santísimo e...