Nicolás Blanco primeiro líder do galego de Wingfoil en Portosín

17 Maio 2026

Juan Caballero (texto e imaxes). Tardou, pero entrou o vento tan desexado na ría de Muros e Noia, para poder iniciar o Campionato Galego de Wingfoil que ata este domingo 17 de maio organiza o Real Club Náutico Portosín en colaboración coa Xunta de Galicia, Concello do Porto do Son e Confraría de Pescadores de Portosín, Real Federación Galega de Vela e GADIS.

Puidéronse completar tres mangas, que validan o campionato, á espera da segunda xornada para, polo menos ter unha máis na marcadora e poder aplicar o descarte ao peor resultado parcial, o que podería modificar a clasificación xeral.

De momento e, ata que iso ocorra, quen manda na listaxe e apúntase como candidato ao título da comunidade, é Nicolás Blanco, que defende a grímpola do Club Náutico Castrelo de Miño. O de Ourense levouse o triunfo nas dúas primeiras probas, sendo terceiro na terceira. Marca a cabeza da listaxe con 5 puntos.

Segundo é Iván Álvarez, do Liméns W.S.C., tan só a un punto do cetro dourado. Ingresou na súa conta persoal un terceiro, un segundo e un primeiro, é dicir, a medida que baixaba a presión en campo de regatas, melloraba os seus resultados.

E pecha o caixón do podio provisional, o cangués do Rodeira, Fabio González, con 7 puntos, resultado dos seus parciais 2-3-2. Isto indica, claramente, o nivel da frota e do disputado que está a ser esta segunda convocatoria do Campionato Galego de Wingfoil.

Este domingo, o comité da regata, tentará completar o programa deportivo, aproveitando o térmico da mañá para disputar 6 mangas, de trazado rápido e sen apenas espera na auga.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.