Néboas matinais e chuvascos marcarán o tempo do mércores 6

05 Maio 2026

As Rías Baixas e a área de Santiago vivirán este mércores 6, unha xornada marcada pola alternancia de nubes e claros. Nas primeiras horas do día poderán rexistrarse néboas e nubes baixas, especialmente en zonas do interior e arredores de Santiago.

Co paso das horas, manteranse os intervalos nubrados, con probabilidade de chuvascos, máis frecuentes cara ao norte e en áreas próximas a Santiago, mentres que nas Rías Baixas serán máis ocasionais.

As temperaturas non experimentarán grandes cambios, aínda que nas Rías Baixas poderían subir lixeiramente as máximas(17 a 20 graos). O vento soprará do nordés, en xeral frouxo, con intervalos de moderado no litoral atlántico.

meteogalicia

O noso mar; vento do nordés á mañá, do noroeste á tarde e do norte á noite, forza 2 a 3 á mañá, 4 a 5 á tarde e 3 a 5 á noite. Mar ovellado á mañá, forte marusía á tarde e marusía á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0 a 1 metros.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.