Mar abre o prazo de solicitude das axudas para a remuda xeracional no sector pesqueiro

26 Maio 2026

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este martes 26 de maio a segunda convocatoria de axudas destinadas a seguir impulsando a remuda xeracional no sector pesqueiro. A iniciativa, dotada con 350.000 euros, está cofinanciada nun 70 % polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA).

Estas achegas teñen como finalidade” apoiar aos armadores que colaboran facilitando o embarque dos estudantes que necesitan completar a súa formación profesional en buques pesqueiros, os chamados días de mar”, informou a Consellería do Mar, engadindo que “os estudantes realizarán prácticas a bordo dun buque de pesca e coñecerán de primeira man as melloras acadadas nos últimos anos en materia laboral e de seguridade”.

As axudas permitirán aos navieiros “compensar parte dos gastos derivados da manutención, equipamento e roupa de traballo do alumnado enrolado, que debe permanecer durante esas xornadas completas a bordo das embarcacións. Ademais, como novidade respecto da convocatoria anterior, tamén os gastos de desprazamento ata o lugar de embarque”, apuntou a Xunta salientando que “esta colaboración contribúe a poñer en valor a pesca como sector estratéxico para Galicia, tanto desde o punto de vista económico como social”.

Poderán beneficiarse destes apoios as persoas físicas ou xurídicas e armadores incluídos no Rexistro de Buques Pesqueiros de Galicia, que faciliten o embarque dos estudantes dos ciclos formativos náutico-pesqueiros que precisan realizar un período de práctica nun buque de pesca para obter un título profesional pesqueiro.

A orde tramítase en réxime de concorrencia non competitiva, polo que as axudas tramitaranse segundo vaian entrando no rexistro ata esgotar o crédito dispoñíbel. Os interesados dispoñen de toda a información, así como dos modelos de solicitude na web da Xunta.

Esta liña de axudas dá continuidade á aposta da Xunta pola formación no ámbito marítimo-pesqueiro, área á que destina no 2026 preto de 12,4 millóns de euros, co obxectivo de ofrecer a mellor capacitación profesional ás persoas interesadas en desenvolver a súa carreira laboral neste sector.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.