En Noia abriron as inscricións para os obradoiros infantís da Feira Libro

18 Maio 2026

O Concello de Noia informou da apertura das inscricións para os obradoiros creativos e infantís da Feira do Libro local que se celebrarán durante o devandito evento. As prazas son limitadas.

O 23 de maio celebrarase un obradoiro de marionetas a cargo de Francisco López Cierto, para nenas e nenos de idades comprendidas entre os 5 e os 8 anos (na Alameda en horario de 11.00 a 12.00 horas) e para nenas e nenos de entre 9 e 12 anos (na Alameda tamén, con horario de 12.00 a 13.00 horas). Habilitaranse 24 prazas: 12 para cada grupo.

O 24 de maio será a quenda do obradoiro de banda deseñada que impartirá Fon Barreiro na Alameda, para nenas e nenos de máis de 6 anos, en horario de 12.00 a 13.00 horas e cun número máximo de prazas de 25 rapaces.

As inscricións cómpre facelas en cultura@concellodenoia.gal. As actividades serán na porta da Casa do Concello.

A Feira

A Feira do Libro de Noia 2026 é unha cita cultural que regresa á vila os días 22, 23 e 24 de maio e que converterá o centro de Noia nun espazo de encontro arredor da lectura, a creatividade e a cultura.

Segundo informou o Goberno local, “a recuperación desta celebración responde á aposta do Concello por impulsar actividades culturais de referencia e por poñer en valor a importancia da lectura como ferramenta fundamental de formación, convivencia e participación social”.

Durante os tres días desenvolveranse actividades para todos os públicos, con propostas infantís, obradoiros, música, presentacións e sinaturas de libros, ademais da participación de centros educativos e persoas vinculadas ao ámbito cultural.

As actividades celebraranse diante do Concello, no claustro e no Campo da Feira, creando un ambiente cultural aberto e participativo no corazón da vila.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.