En Boiro falece unha persoa á que rescataron da auga en Praia Xardín e en Ribeira atopada unha persoa morta nun piso

27 Maio 2026
Agrupación de voluntarios y servicio municipal de protección civil-Ribeira

Pasados uns minutos das 19 horas, un particular alertou ao 112 Galicia de que sacaran unha persoa da auga en praia Xardín, Boiro, e que trataban de reanimala sobre a area.

De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil, da Policía Local e do Servizo Municipal de Protección Civil de Boiro. Tamén se informou a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas de Galicia.

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazou ata o lugar o seu helicóptero medicalizado con base en Santiago mais, malia os esforzos, só se puido confirmar o falecemento da persoa.

En Ribeira mentres unha dotación de garda do Grupo de Emerxencias e Protección Civil xunto a Policía Local de Ribeira e Policía Nacional de Ribeira, foron mobilizados para acceso a vivienda na Rúa Carlos Casares. Desgrazadamente unha vez no interior, encontrouse o seu único inquilino falecido.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.