“Condenado pola pena do Telexornal e sen posibilidades de defensa, Zapatero cala”. Antón Luaces

22 Maio 2026

Din que, aconsellado polo seu avogado, Rodríguez Zapatero garda tanto silencio sobre o caso xudicial que lle afecta, coma o río Ebro ao pasar polo Pilar.

Condenado xa por todos aqueles que lla tiñan gardada por desfacer a España “grande e libre” que, sendo “unha” con Franco, galloupou nun cabalo que Gadafi regalara ao “texano” Aznar cando este falaba catalán na intimidade, Zapatero agarda ao 2 de xuño para lles cantar unha “jota” castellana a aqueles que arremeten agora contra as fillas do expresidente por consideralas testaferros nos vira e vai das andainas dun pai que, un día, descubriu que ser decente, honrado, era máis custoso que contribuir a unha guerra contra Iraq da man do Trío dos Azores (Bush, Blair e Aznar, reunidos o 12 de marzo de 2003 para decidiren sobre as armas de destrución masiva almacenadas no país iraqui.

O exministro de Transportes, José Luis Ábalos (internado a prisión de Soto del Real,  desvencellouse do rescate da aeroliña “Plus Ultra”), afirmou ao contrario do que sinala o auto de imputación, que nunca se lle comunicou ese feito e acusou a Zapatero -publica o xornal El País- de lle pontear para falar directamente con Pedro Saura, exsecretario de Estado de Transporte, En TVE, Ábalos afirmou que mesmo advertira a Pedro Sánchez contra do rescate polos problemas d compañía aérea, acusación desmentida polo propio Saura que asegurou non ter recibido “ningunha chamada nen comunicación de ningún tipo” por parte de Zapatero nen  de ningunha outra persoa en relación coa compañía aérea mencionada.

Yolanda Díaz, vicepresidenta segunda do Goberno e ministra de Traballo, esixiu ao expresidente Zapatero que dea explicacións sobre o caso e instiou ao PPO a ser “valente” e presentar unha moción de censura, formulación na que cadra con VOX. 

Pola súa banda o xuíz José Luis Calama solicitou ás autoridades de EUA que faciliten información á Audiencia Nacional sobor as persoas que figuran investigadas no devandito caso. Este xuíz formula a unificación  das acusacións populares no caso: PP, VOX e o pseudosindicato Hazte Oir.  

Outros artigos

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

Luns 21, tempo seco e as temperaturas estables ou en lixeiro ascenso

Continuamos sen cambios significativos no meteorolóxico. Este luns 21, San Mateo, será unha xornada de marcada estabilidade atmosférica en todo o territorio autonómico. Durante as primeiras horas do día formaranse bancos de néboa en zonas do interior. Non obstante,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.