Boiro acolle este sábado 23 a velada de boxeo III memorial a Luis Torrado Treus

19 Maio 2026

O Concello de Boiro colabora co Club Torrado Treus no desenvolvemento dunha nova edición da velada de boxeo que se celebra este sábado 23 de maio e que será o III memorial a Luis Torrado Treus. O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, participou este martes 19 na presentación xunto con Manuel Planas, presidente da Federación Galega de Boxeo; e José Antonio Vidal, presidente do club Torrado Treus.

Esta nova edición da velada de boxeo desenvolverase o sábado a partir das 20.00 horas no Pavillón de Barraña e contará con nove combates, 4 amateur e 5 neo pro. “Teremos un competidor do club, boxeadores de fora e un combate de elite”, afirmou José Antonio Vidal, presidente do club Torrado Treus.

A velada deste ano terá un fin solidario pois nela recadaranse fondos para Daniela Otero, unha rapaza boirense cunha enfermidade non diagnosticada.

“O boxeo é tamén un deporte moi solidario polo que esperamos que o público se implique e desfrute dun gran espectáculo”, recoñeceu Manuel Planas, presidente da Federación Galega de Boxeo.

O concelleiro de Deportes agradeceu ao club e á federación a súa implicación para que esta velada se siga a realizar en Boiro e que se faga na memoria dun veciño de Boiro “que fixo moito polo boxeo e polos deportes de contacto en xeral”.

As entradas están xa a venda e teñen un prezo de 12 euros anticipada e 14 na billeteira. As anticipadas poden conseguirse no ximnasio Ozono, en Motor Café e Recambios Triñanes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.