“As vilas invisibles”. Xosé Antonio López Silva

08 Maio 2026

Non me refiro, claro está, ás vilas do homónimo título de Ítalo Calvino. En Galicia, porén, temos vilas invisibles: as do territorio do mito, como a Antioquía da Limia, mergullada pola lagoa Antela. O resto, dirán vostedes, continúan a estar ben visibles perante nós, cada unha coa súa evolución histórica e demográfica, coas súas auxes ou as súas decadencias. Con todo, a gran maioría das vilas teñen resultado invisibles para o noso imaxinario cultural e narrativo. A literatura galega ten construído algún dos seus grandes eixos discursivos arredor de dous espazos simbólicos moi definidos: a aldea e a gran cidade. A Galicia rural atravesa boa parte da nosa tradición literaria, desde Rosalía de Castro ata moitos textos contemporáneos que seguen a dialogar coa memoria agraria e familiar, coa emigración ou coa desaparición deses modos de vida. No extremo contrario, poucos autores representaron con tanta intensidade a urbe galega coma o Suso de Toro de Polaroid ou Ambulancia. A cidade aparece aí como escenario da aceleración, da fragmentación e do conflito contemporáneo.

Entre ambos universos permanece a ausencia da vila como espazo simbólico da literatura, especialmente da narrativa. A cuestión resulta especialmente rechamante porque as vilas ocupan un lugar central na organización territorial, histórica e mesmo emocional de Galicia. Boa parte do país vive nelas, relaciónase ou orbita ao seu redor. Coas súas contradicións, cos seus ritmos e cos seus lugares comúns as vilas explican a nosa contemporaneidade. Xa Ramón Otero Pedrayo analizara con lucidez esa xeografía humana intermedia, profundamente permeable, que conecta o rural co horizonte urbano e que funciona historicamente como ponte: recibe a vida económica, social e cultural da comarca que a rodea, aglutina o seu territorio inmediato e, ao mesmo tempo, mira cara á cidade como espazo de oportunidades e ascenso.

Quizais por iso sorprende máis aínda que unha realidade tan decisiva no país non atopase unha presenza equivalente dentro da nosa narrativa como espazo literario de seu, cunha identidade simbólica ben desenvolta.

Teño ademais a impresión de que desde as institucións se entendeu antes que desde a propia literatura esa centralidade contemporánea da vila, facendo políticas públicas ás veces mal entendidas e peor explicadas, pero que contribuíron de maneira decisiva a facer comunidade e a construír cultura local.

Existe, naturalmente, memoria histórica da vila. Sobre todo nas máis antigas, onde aínda persiste ás veces a figura do cronista oficial, ese erudito local dedicado a recompilar fotografías, nomes e acontecementos para preservar unha identidade propia. Hai conciencia de pertenza na vila galega e teño a sensación de que nos últimos anos se desenvolveu en moitas delas un forte sentimento de orgullo local, que fai aínda máis visible a ausencia dun gran universo fabulado arredor da vila como espazo cargado de posibilidades narrativas, salvando algúns exemplos evidentes como as xeografías de Ferrín e Casares ou o Mondoñedo de Cunqueiro.

Por que razón? Talvez porque a vila nunca logrou encaixar de todo nas categorías simbólicas dominantes. A aldea posuía a forza da raíz; a cidade, a do progreso e a modernidade. A vila parecía quedar nun espazo impreciso: demasiado urbana para o mito rural e demasiado pequena para o imaxinario metropolitano.

Unha parte decisiva do país segue esperando a se converter en materia literaria de seu. A literatura galega soubo crear aldeas míticas e cidades modernas, pero talvez aínda non aprendeu a narrar de xeito decisivo ese territorio intermedio onde vive boa parte da Galicia real. As vilas seguen aí: visibles no mapa, fundamentais na vida do país e, porén, case invisibles dentro do noso relato cultural. Tal vez algunha delas atope pronto a novela que lle dea forma definitiva na memoria do país.

Xosé Antonio López Silva

Outros artigos

“Ofrenda” – Xulio Xiz

Celebrouse unha nova Ofrenda solemne do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado na Catedral de Lugo. Cumpríronse 357 anos da súa institución, e cada ano as sete cidades do antigo Reino, seguen a xuntarse en Lugo – corazón do país – para honrar ao Santísimo e...

+

“Un acto de covardía, para derrubar ao Goberno” – Antón Luaces

En España, o poder lexislativo corresponde ás Cortes Xerais. O Congreso dos Deputados é o encargado de crear, modificar e derrogar as leis, amais de controlar  e fiscalizar a acción de goberno. Debate, elabora e aproba as leis que rexen a sociedade e actúa como a voz...

+

“O carballo de Buchenwald”. José Antonio López Silva

Cada xuño, o mesmo titular: o alumno brillante que, podendo escoller calquera cousa, "malgasta" a súa nota nunha carreira de letras. Esta semana houbo dous —Juan Mosquera, un 13,64 sobre 14, marcha a Filoloxía Galega; Sabela Martínez vai a Harvard a doutorarse en...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Siete días vibrantes”. Mario Clavell

“Siete días vibrantes”. Mario Clavell

He visto el despegue del Falcon que el rey de España ha prestado al Papa para su vuelta a Roma. Y he pasado docenas de horas de la última semana viendo, oyendo y leyendo imágenes y textos nunca antes vistos u oídos: ¿con cuales quedarme para redactar esta columna...

“El gato de Cabo Verde” – Manuel Domínguez

“El gato de Cabo Verde” – Manuel Domínguez

El gato de Cabo Verde Cuarenta 40 años, imparable. Mi análisis, previo y post partido difiere de todos los comentaristas. España jugo bien, oportunidad de gol incluso toco el palo, manejo el balón un 80 % del tiempo. ¿Entonces como no marco un gol? Siempre que la...