A Xunta investirá máis de 200.000 euros nun novo pasteiro en Rois

29 Maio 2026

A Xunta investirá máis de 200.000 euros nun novo pasteiro no concello de Rois, que se executará no monte da Rocha de Ermedelo para dar servizo á comunidade de montes de Albagueira.

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, visitou os terreos xunto coa delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, e destacou que a actuación permitirá ampliar a base territorial para o gando, favorecer a gandaría extensiva e contribuír á prevención de incendios forestais.

O proxecto ocupará case 16 hectáreas e incluirá traballos de roza, encalado, abonado e sementado, ademais da construción dun peche gandeiro, unha manga de manexo, dous bebedoiros, dous comedeiros, cancelas e un paso canadense.

Este novo pasteiro intégrase no Plan de Pastos de Galicia, a través do cal a Consellería do Medio Rural mobilizou desde 2020 case 2.500 hectáreas mediante 106 pasteiros cun investimento de arredor de 15 millóns de euros. A Xunta prevé seguir impulsando este tipo de infraestruturas ao longo do ano en distintas provincias galegas.

Outros artigos

“Un autobús para a praia do Vilar”. Antón Luaces

Foi necesario o paso de 60 anos para acadar que os habitantes da capital de Ribeira carentes de medios de transporte propios poideran desprazarse ata a praia do Vilar na tempada de verán. Esta praia é un dos máis prezados tesouros da contorna ribeirense e tardaron ben...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Valentía política” – José Manuel Pena

“Valentía política” – José Manuel Pena

Saen dos seus fogares, todas as semanas, en busca de alimentos, medicamentos, bonos para viaxes ou algunha que outra axuda económica para gastos extraordinarios. Estas familias acoden a algunha ONG ou entidade social que as axudan desde hai décadas e mesmo, a algunhas...