A XII Carreira pola Diversidade aprázase polo mal tempo e celebraráse noutra data

07 Maio 2026

A organización da XII Carreira pola Diversidade, promovida por Asociación Ambar, anunciou o aprazamento da proba deportiva prevista para este 10 de maio debido ás previsións meteorolóxicas adversas.

Segundo informou a entidade nun comunicado emitido este 6 de maio, a decisión tomouse tras analizar os informes meteorolóxicos e co obxectivo de garantir a seguridade das persoas participantes, do voluntariado, do persoal da organización e do público asistente.

A nova data da carreira será comunicada nos vindeiros días a través das canles oficiais da asociación e da plataforma de inscrición.

Desde a organización confirmaron que todas as inscricións xa realizadas manteranse automaticamente válidas para a futura convocatoria. Ademais, as persoas que non poidan asistir na nova data poderán solicitar a devolución do importe enviando un correo electrónico a crono@cronotec.es cos seus datos de inscrición.

A Asociación Ambar lamentou as molestias que poida ocasionar este cambio de última hora, aínda que subliñou que “a prudencia e a seguridade deben prevalecer” para garantir que a cita continúe sendo “unha verdadeira festa da inclusión”.

A entidade tamén agradeceu a comprensión e o apoio de corredores, patrocinadores e institucións colaboradoras nesta duodécima edición da carreira.

Outros artigos

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.