A quinta edición do Campionato de Futevolei reunirá na praia de Río Azor a unha trintena de xogadores nacionais e internacionais

26 Maio 2026

A praia de Río Azor en Palmeira (Ribeira) converterase en escenario da quinta edición do Campionato de Futevolei que se desenvolverá no sábado, 6 de xuño, a partir das 10.00 horas. O concelleiro de Deportes, Álex Vidal, ratificou o apoio da Administración local a este evento que visibiliza un deporte minoritario, pero “de gran vistosidade” ao ser xogar ao volei praia cos pés, de aí o seu nome. Esta actividade “pon en valor os nosos areais e o noso deporte”, apuntou.

Pola súa parte, José Vicente Domínguez, ‘Chento’, organizador do campionato e integrante do club Futevolei Vigo, que conta conagrupación na comarca.

Segundo indicou, polo de agora, está confirmada a participación dunha trintena de xogadores procedentes, principalmente, de Vigo, pero tamén de países como Portugal ou Brasil. Ademais, a proba diferénciase en dous niveis: iniciación e avanzado.

Aínda está aberto o prazo de inscricións, cunha contía establecida de 10 euros, a través do Whatsapp 619625202. Está dirixido a persoas maiores de 17 anos. No importe está incluído o avituallamento e o xantar.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.