O luns 4, San Florián, manterase certa inestabilidade atmosférica, con ceos con intervalos nubrados e máis claros canto máis ao oeste. Os chuvascos serán máis xeneralizados na segunda metade do día, mentres que as temperaturas baixarán de forma lixeira a moderada.
Os ventos sopraran do noroeste, en xeral frouxos, con intervalos de intensidade moderada no litoral.


O noso mar; Vento do norte á mañá, do noroeste á tarde e do norte á noite, forza 1 a 3 á mañá, 3 a 4 á tarde e 4 a 5 á noite. Mar ovellado á mañá, marusía á tarde e forte marusía á noite. Visibilidade regular. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0 a 1 metros.



