A Gala do Deporte Barbanza Arousa premia aos gañadores do Circuíto Carreiras “Catro Carreiras, Unha Meta”

07 Maio 2026

O Auditorio Municipal de Ribeira acolleu este 6 de maio a Gala do Deporte Barbanza Arousa, un acto no que se recoñeceu aos gañadores e gañadoras das diferentes categorías do Circuíto de Carreiras Barbanza Arousa “Catro Carreiras, Unha Meta”. A cita reuniu a representantes institucionais, clubs deportivos, asociacións e corredores de toda a comarca nunha xornada dedicada a poñer en valor o esforzo, a constancia e o espírito de superación que caracterizan ao deporte popular.

Durante o acto fíxose entrega dos trofeos ás persoas premiadas nas distintas categorías do circuíto, “unha iniciativa deportiva consolidada na comarca e que fomenta a participación e a práctica deportiva nos municipios de Barbanza Arousa”, en palabras da mancomunidade formada polos concellos de Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira.

Na súa intervención, o presidente da mancomunidade, José Carlos Vidal (alcalde da Pobra) destacou a importancia do deporte como elemento de unión e cohesión territorial, subliñando ademais o papel que desempeñan os clubs, asociacións e deportistas na dinamización social da comarca.

Así mesmo, púxose en valor a aposta conxunta dos municipios por impulsar actividades deportivas vinculadas ao territorio e ao turismo activo, aproveitando o patrimonio natural e paisaxístico de Barbanza Arousa.

A gala serviu tamén para destacar o compromiso coa sustentabilidade do circuíto, xa que os trofeos entregados foron elaborados con plástico reciclado, unha iniciativa que a organización mantén desde hai varios anos.

O Circuíto de Carreiras Barbanza Arousa “Catro Carreiras, Unha Meta” continúa consolidándose como “unha referencia deportiva na comarca, promovendo hábitos de vida saudábeis e fortalecendo a colaboración entre os municipios participantes”, engadiu a mancomunidade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.