A Deputación destina máis de 200.000 euros á realización de actividades musicais

08 Maio 2026

A Deputación vén de publicar a concesión provisional de 201 844,16 euros en axudas para a realización de actividades musicais na provincia durante o ano 2026. A liña de subvencións do programa FO214/2026 beneficia máis dun cento de entidades musicais, concretamente 105. Entre elas figuran formacións e asociacións como Cantigas da Terra, Cantigas e Agarimos, Real Coro Toxos e Froles, Asociación Cultural Xacarandaina, Asociación Cultural Coro Gaos, Asociación Cultural Orquesta Gaos, Embruxo Gaiteiros, Grupo de Baile e Música Tradicionais Brincadeira, Escola de Música de Rianxo, Banda de Gaitas Airiños de Fene ou Asociación Cultural Trovadores de Ares.

A deputada Natividade González visitando a Escola de Música de Rianxo

A deputada de Cultura, Natividade González, destacou que “o obxectivo de impulsar estas axudas é promocionar a nosa cultura a través de festivais e eventos musicais como piar fundamental que une e atrae a tanta xente de todos os recunchos de Galiza”. González rematou engadindo que “a subvención tamén fomenta o asociacionismo, o querer formar parte de grupos e bandas que levan por bandeira a nosa tradición musical”.

Aquelas agrupacións que teñan aprobada a subvención de xeito condicionado, poderán presentar a documentación requirida no prazo de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución. Pasado o prazo de enmendas, aquelas que non achegaran a información indicada, quedarán sen a axuda. O período de tempo para aceptar ou denegar a achega será o mesmo para aquelas entidades que teñan a teña concedida de maneira exclusivamente provisional.

As listaxes das corais polifónicas, bandas de música populares, entidades de música e baile tradicional galego e formacións musicais de grande formato admitidas e desestimadas xa están publicadas no BOP n.º 81, do 4 de maio.

Estas axudas súmanse ás concedidas tamén provisionalmente ao abeiro da liña FO213/2026, destinado a investimentos culturais para a mesma tipoloxía de entidades beneficiarias —corais polifónicas, bandas de música populares e entidades de música e baile tradicional galego e formacións musicais de gran formato.

A concesión provisional deste programa, feita pública hai escasas semanas, destina 463 394 euros para 120 entidades da provincia da Coruña, con importes que van dun mínimo de 1500 a un máximo de 13 500 euros. En total, algo máis de 665 000 euros entre ambas as dúas liñas de subvencións.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...