A Deputación da Coruña e ANMUPESCA celebran en Noia cunha xornada conmemorativa o Día Internacional da Muller no Mar

11 Maio 2026

A Asociación Nacional de Mujeres de la Pesca (ANMUPESCA) vai colaborar os días vindeiros un importante acto conmemorativo con motivo do Día Internacional da Muller no Sector Marítimo. Celebrarase o vindeiro sábado, 16 de maio de 2026, no Coliseo Noela de Noia, en horario de 11:00 a 14:00 h.

O encontro, organizado pola Deputación da Coruña e coordinado por ANMUPESCA, ten como obxectivo poñer en valor o papel das mulleres vinculadas ao mar e a toda a cadea de valor marítimo-pesqueira: pesca, marisqueo, acuicultura, redeiras, lonxas, transformación, comercialización, distribución, industria auxiliar, formación, turismo mariñeiro e economía azul. Durante a xornada celebrarase unha apertura institucional, unha intervención principal, unha mesa redonda multisectorial, un acto de recoñecemento e un espazo final de encontro.

Ao remate, haberá catering posterior. A inscrición previa é obrigatoria e pode realizarse en liña xa. Ademais, haberá servizo de autobuses desde distintos puntos da provincia da Coruña para facilitar a asistencia.

Outros artigos

En Rianxo abren as inscricións do Campamento de Teatro Verán 2026

O Concello de Rianxo informou de que están abertas as inscricións para o Campamento de Teatro Verán 2026, que inclúe unha manchea de actividades formativas e de lecer para permitir ás mozas e mozos "desfrutar dun verán diferente" ao tempo que desenvolven e sacan á luz...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

Tiven a honra de presentar o acto que en Cospeito se celebrou arredor de  “Caldaloba”, drama histórico en verso do poeta e profesor Xosé Otero Canto.        Foi, á vez, un placer inmenso estar en Cospeito, rodeado de amigos que saben,  eu que só poido intuir e sentir...

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

“Ofrenda” – Xulio Xiz

Celebrouse unha nova Ofrenda solemne do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado na Catedral de Lugo. Cumpríronse 357 anos da súa institución, e cada ano as sete cidades do antigo Reino, seguen a xuntarse en Lugo – corazón do país – para honrar ao Santísimo e...