A Deputación da Coruña celebra este sábado en Noia o Día Internacional da Muller no Sector Marítimo

13 Maio 2026

A Deputación da Coruña celebra este sábado 16 de maio en Noia o Día Internacional da Muller no Sector Marítimo na provincia, unha xornada que ten como obxectivo visibilizar e reivindicar o papel das mulleres no conxunto no sector da pesca, o marisqueo e cadea mar-industria.

O acto terá lugar no Coliseo Noela de Noia, en horario de 11:00 a 14:00 horas, e contará coa asistencia do presidente da Deputación, Valentín González Formoso, que clausurará o acto, a deputada de Mar e Medio Rural, Cristina Capelán, o alcalde Noia, Francisco Pérez e presidente de ANMUPESCA, Pilar Otero, así como representantes das mulleres do mar de Galicia.

A xornada está organizada pola Deputación da Coruña e coordinada por ANMUPESCA, nunha aposta conxunta por “recoñecer a contribución decisiva, aínda que moitas veces invisíbel, das mulleres ao sector marítimo-pesqueiro desde unha perspectiva ampla e conectada coa realidade actual do mar”.

Trátase da primeira vez que esta data se conmemora a nivel provincial na Coruña, en palabras da Deputación “un territorio profundamente ligado ao mar e no que a presenza das mulleres resulta decisiva en numerosos ámbitos da actividade pesqueira”.

Segundo o Mapa das Mullres na Pesca elaborado por ANMUPESCA para a Deputación da Coruña co obxectivo de “radiografar” a presenza feminina no sector, máis de 6.000 mulleres desenvolven a súa actividade profesional nos distintos elos da cadea de valor do sector.

Esta cifra, sinala a administración provincial, “dá conta da dimensión económica, social e territorial da súa achega e converte a provincia nun espazo especialmente significativo para acoller unha conmemoración destas características”.

Tras a apertura institucional, a xornada contará cunha mesa redonda titulada Mulleres no mar: pasado, presente e futuro, na que mariscadoras, redeiras, traballadoras da industria transformadora e das confrarías ou investigadoras relacionadas co sector do mar exporán os seus puntos de vista sobre a situación actual e os retos de futuro que a muller ten no mundo do mar e a pesca.

O acto rematará cunha entrega de galardóns na que se recoñecerá a distintas mulleres ou colectivos pola súa traxectoria profesional ou a súa contribución – desde diferentes ámbitos- a visibilizar ás mulleres do mar de Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.