A Deputación convoca tres certames en materia de Igualdade cunha dotación de 128.000 euros en premios

05 Maio 2026

A Deputación da Coruña puxo en marcha tres das súas convocatorias anuais máis relevantes en materia de igualdade, sumando un investimento total de 128.000 euros. Son os premios Luísa Villalta, Begoña Caamaño e Concepción Arenal, dirixidos a diversos sectores da sociedade galega, desde o ámbito empresarial e as persoas autónomas ata o movemento asociativo cultural e os centros de ensino público da provincia.

O obxectivo destas subvencións é “financiar propostas concretas que traballen na visibilización das mulleres e na eliminación das discriminacións por razón de sexo ou orientación sexual”, informou a deputada de Igualdade, Sol Agra, engadindo que a posta en marcha destas tres liñas de axudas permite “impulsar unha acción política decidida para combater as desigualdades estruturais que aínda persisten na nosa sociedade, actuando de maneira transversal desde as institucións públicas”.

Segundo explicou, con estes premios, a Área de Igualdade da Deputación “reafirma o seu compromiso coa igualdade real e efectiva, mobilizando recursos públicos para fortalecer o tecido social, cultural e educativo e garantir que a loita contra a discriminación sexa unha prioridade en todos os concellos da provincia” .

Todas as solicitudes han presentarse obrigatoriamente por vía telemática empregando a plataforma SUBTEL, integrada na sede electrónica da Deputación da Coruña. O prazo para formalizar a inscrición remata o día 28 de maio de 2026 ás 14:00 horas.

VIII Premio Luísa Villalta

O VIII Premio Luísa Villalta a proxectos pola igualdade conta coa maior dotación orzamentaria, con 100.000 euros reservados para esta edición. Concederanse un total de oito premios, de 12.500 euros cada un, destinados a persoas autónomas, empresas e entidades de economía social con sede en Galicia. Este certame busca impulsar iniciativas de impacto social que poñan de manifesto o papel feminino en campos tan variados como a ciencia, o deporte, a tecnoloxía ou o mundo rural, sempre aplicando unha perspectiva que teña en conta as desigualdades estruturais.

X Premio Begoña Caamaño

No que respecta á creación artística, a institución provincial convoca a décima edición do Premio Begoña Caamaño á acción cultural pola igualdade de xénero. Esta liña dispón de 13.000 euros que se repartirán en dous premios de 6.500 euros cada un. Poden concorrer tanto persoas físicas como entidades privadas sen ánimo de lucro que desenvolvan proxectos onde a cultura actúe como motor de cambio social. O premio quere recoñecer o labor de quen utiliza as artes para promover a igualdade e dar visibilidade a novas realidades de xénero.

XIII Premio Concepción Arenal

Pola súa banda, o ámbito escolar conta co XIII Premio Concepción Arenal, dispón de 15.000 euros para proxectos educativos. Esta convocatoria está pensada para que os centros de ensino público da provincia executen actividades pedagóxicas que axuden ao alumnado a identificar e rexeitar estereotipos sexistas. Estableceranse tres galardóns de 5.000 euros cada un para aquelas propostas que fomenten o respecto á diversidade sexual, a igualdade de trato e a prevención da violencia de xénero desde as aulas coruñesas.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.